O apoio do Plan FOEXGA permitirá a presenza dunha delegación do sector editorial galego.
En Londres haberá por primeira vez unha representación galega, grazas a que as vías de colaboración entre a Consellaría de Cultura e as empresas do libro víronse ampliadas desde 2007 mediante o Plan FOEXGA. Este plan, que manteñen a Consellaría de Industria da Xunta de Galicia e as Cámaras de Comercio das catro provincias, xa incluíu antes na súa programación diversas axudas a editoras galegas para a súa asistencia ás feiras de Frankfurt e Guadalaxara.
Durante tres días, editores, axentes, libreiros, bibliotecarios, autores e provedores reúnense en Londres para comprar, vender, asistir aos distintos seminarios ou simplemente para manter o pulso do sector nun dos encontros fundamentais do ano.