Día Mundial do Teatro

Os premios María Casares e a resolución da concesión de axudas ao sector escénico e musical capitalizan a efeméride no noso país.
O Instituto Internacional de Teatro (ITI) creou en 1961 o Día Mundial do Teatro, que se celebra anualmente cada 27 de marzo. Desde entón, o organismo encarga a un expoñente internacional do mundo do teatro a redacción da Mensaxe Internacional. Este ano, o texto vén asinado polo autor, actor e director teatral quebequés Robert Lepage.
En Galicia, o 27 de marzo é o día sinalado para a celebración da XII edición dos premios de teatro María Casares. Ademais, hoxe coñeceuse a resolución das axudas que no apoio do sector concedeu o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
Imprimir