Axenda



As nosas letras máis lidas, de novo en Boloña

Boloña
  • MAR 31
  • ABR 01
  • ABR 02
  • ABR 03
Feira do libro de Boloña

Galicia repetirá na cita máis importante da literatura infantil e xuvenil.

Ademais de contar coa participación dalgúns dos nosos creadores e creadoras de referencia no terreo da literatura infantil e xuvenil -a máis lida e traducida das letras galegas-, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural presentará en Boloña unha antoloxía de narrativa especificamente editada para a feira.

A expedición galega ofrecerá tamén un monográfico en inglés da revista Letras de Galicia que debuxa con detalle o panorama actual e os plans inmediatos do sector da literatura infantil e xuvenil galega. Este ano, a feira boloñesa elixiu Arxentina como convidada de honra.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |