Axenda



Ousmane Sembène, en galego

Fundación Caixa Galicia, A Coruña
20:00
  • MAR 12
Ousmane Sembène Rinoceronte presenta a súa edición d'O xiro postal, do escritor e cineasta senegalés.

O último libro publicado por Rinoceronte Editora é O xiro postal, de Ousmane Sembène, e será presentado este serán (20.00h) na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia da Coruña (rúa San Andrés, 135-137). Participarán Moisés Barcia, responsábel de Rinoceronte, e Martin Pawley, autor do epílogo do libro. A responsábel da tradución desde o francés foi Isabel García Fernández.

A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións. A través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido do Senegal inmediatamente posterior á Independencia, no que se manteñen as estruturas sociais e económicas da época colonial.


Imprimir

Autores relacionados:

Libros relacionados:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |