Axenda



V Certame Literario Concello de Ames

Concello de Ames
14:00
  • ABR 12
V Certame Literario Concello de Ames O premio abrangue tres categorías de idade para ambas as modalidades: narrativa e poesía.
Poderá concorrer ao certame calquera persoa que presente orixinais inéditos escritos en lingua galega. Enviaranse catro exemplares mecanografados por unha soa cara e a dobre espazo. Os traballos que se presenten na modalidade de narrativa terán unha extensión non inferior a dúas páxinas e non superior a seis. No tocante aos textos poéticos, a extensión será dun mínimo de 20 versos e un máximo de 50. Só se admitirá un traballo por persoa en cada unha das modalidades.

Estabelécense tres categorías, tanto para narrativa como para poesía. Os premios distribuiranse da seguinte maneira:

1ª Categoría (até os 14 anos):
- 1º premio: 120 euros.
- 2º premio: 90 euros.
- 3º premio: 60 euros.

2ª Categoría (dos 14 aos 18 anos)
- 1º premio: 150 euros.
- 2º premio: 120 euros.
- 3º premio: 90 euros.

3ª Categoría (máis de 18 anos)
- 1º premio: 210 euros.
- 2º premio: 150 euros.
- 3º premio: 120 euros.

Os/as participantes deberán enviar os seus traballos non máis aló do 12 de abril a:

Concello de Ames
Servizo de Normalización Lingüística
Praza do Concello, 2
15220 Ames (A Coruña)

Máis información en:
www.concellodeames.org
normalizacion@concellodeames.org
981 884 991

Imprimir

Documentos:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |