Axenda



Fina Casalderrey, no club de lectura Lendo Contigo

Biblioteca de Gondomar
12:00
  • MAR 29
Quen me quere adoptar? A escritora pontevedresa conversará cos cativos e cativas sobre o seu libro Quen me quere adoptar?
Fina Casalderrey acode hoxe á Biblioteca de Gondomar (Avenida de Portugal, s/n) para estar cos nenos e nenas do club de lectura Lendo Contigo e xuntos falaren do seu libro titulado ¿Quen me quere adoptar?, editado por Xerais.

O protagonista desta historia é Manuel, un mestre xubilado que tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. Manuel estaba só e non sabía que facer co seu tempo, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.” Esta obra de Fina Casalderrey, ilustrada por Mª Fe Quesada, propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿é posíbel adoptar un avó?

Imprimir

Autores relacionados:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |