IV Premio Biblos-Pazos de Galicia
Biblos Clube de Lectores, Cesuras
14:00

Agustín Fernández Paz será o titor do mozo ou moza que obteña o galardón este ano.
Vence o 15 de marzo de 2008 o prazo de admisión de traballos para concorrer ao IV Premio Biblos para mozos e mozas que non teñan cumpridos os 25 anos ao remate do ano. Para participar é preciso presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios na que figurará unha exposición precisa das características da futura novela, achegando a maior información posíbel sobre o argumento (trama, época e lugar en que se desenvolve a acción, personaxes, etcétera) e sobre as técnicas narrativas que se empregarán. Na memoria incluirase ademais un capítulo ou fragmento da obra para que o xurado poida valorar o estilo do autor ou autora.
En maio darase a coñecer a obra premiada. A persoa gañadora prepararase entón para a súa estadía nun dos Pazos de Galicia, no que escribirá a novela baixo a supervisión de Agustín Fernández Paz, titor desta cuarta edición. Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana e Helena Villar Janeiro foron os titores dos certames precedentes.
Imprimir