Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten narracións en banda deseñada inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en galego, cun máximo de dous autores/as por obra (un como guionista e outro como debuxante).
Establécese un premio único dotado con 6.500 €. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, mantendo o autor/a ou autores/as os dereitos para a posible edición da obra noutras linguas que non sexan a galega. Así mesmo, cos traballos orixinais formarase unha exposición de carácter itinerante.
A temática será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de maio de 2008 e deberán enviarse a:
“IV Premio de banda deseñada “Castelao”
Deputación da Coruña
Avda. Alférez Provisional, 2
15006 A Coruña