Axenda



XXIV Premio O Barco de Vapor

Ediciones SM, Boadilla del Monte (Madrid)
14:00
  • ABR 15
O Barco de Vapor Ediciones SM convoca unha nova edición do seu popular concurso de novela infantil, dotado con 10.000 euros.
Poderán presentarse todos os escritores/as que o desexen, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sempre que as obras se axusten ao concepto comunmente aceptado de novela, estean escritas en galego, sexan orixinais, inéditas e non fosen premiadas noutro concurso.

A extensión das obras será como mínimo de 50 páxinas, tamaño Din A4, mecanografadas a dobre espazo por unha soa cara. Deberanse enviar tres orixinais impresos, encadernados ou cosidos e unha versión en soporte informático (disquete ou CD). Estabelécese un único premio, indivisíbel, dotado coa cantidade de 10.000 euros. A concesión do Premio leva incluída a edición -por parte de Ediciones SM- da obra premiada.

As obras enviaranse ao seguinte enderezo:

"Para o premio O Barco de Vapor"
Ediciones SM
C/ Impresores, 2
Urbanización Prado del Espino
28660 Boadilla del Monte
Madrid (España)

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |