Axenda



XX Premio de Novela Manuel García Barros

Concello da Estrada
14:00
  • ABR 11
Manuel García Barros O certame que organiza o Concello da Estrada chega á súa vixésima edición cunha dotación de nove mil euros.
Poderán concorrer ao premio todos autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.

Os orixinais serán presentados por sextuplicado exemplar en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo antes do 11 de abril de 2008 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 - 36680 A Estrada (Pontevedra). O premio terá unha dotación de 9.015 euros que se distribuirá indivisiblemente nun único premio.

Imprimir

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |