Axenda



VIII Certame de Creación Literaria de Melide

Concello de Melide
14:00
  • MAR 15
Cartel do VIII Certame de creación literaria de Melide A narración gañadora recibirá 6.000 euros de premio e será publicado por Xerais.
O autor ou autora concorrerá cunha única obra narrativa, sexa novela, relato ou conxunto de relatos. O traballo estará escrito en lingua galega e terá unha extensión mínima de sesenta páxinas. As obras deberán ser orixinais e inéditas, non premiadas noutros concursos. Presentaranse por quintuplicado, en tamaño folio DINA4, mecanografadas a duplo espazo por unha soa cara, debidamente grampadas ou encadernadas, baixo plica, sen remite, co título da obra e un lema, nome do autor e teléfono de contacto.

A decisón do xurado darase a coñecer por volta do 7 de xuño de 2008, data simbólica para as melidás e melidaos por conmemorar a data en que saíu do prelo da Editorial Nós o libro Terra de Melide (1933). As obras poden enviarse até o 15 de marzo de 2008 a:

Secretaría Xeral
Concello de Melide
Praza do Convento, 5
Melide, A Coruña

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |