Axenda



Riveiro Coello, convidado de Literactúa

Café O Patacón, Carballo
20:30
  • MAR 26
Antón Riveiro Coello O escritor conversará cos lectores sobre a súa novela Os ollos de K nunha nova cita do club de lectura carballés.
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. En Os ollos de K, a presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro que contén un ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Esta obra non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita, facendo aos lectores partícipes da construción do material literario e dos mecanismos da función creadora.

Literactúa é o club de lectura promovido polo equipo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Cada mes elixe un título recente das nosas letras que conclúe coa presenza do autor ou autora nun local de hostalería da vila bergantiñá. Neste caso, a cita con Antón Riveiro Coello terá lugar no Café O Patacón da Rúa Ourense a partir das 20.30 horas.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |