Axenda



A Pobra recibe a Francisco Castro

Libraría Ler, A Pobra do Caramiñal
20:30
  • MAR 13
As palabras da néboa O autor vigués presentará a súa última novela, "As palabras da néboa".
O escritor Francisco Castro presenta na Pobra do Caramiñal a súa novela As palabras da néboa, Premio García Barros 2007 e publicada por Galaxia. A cita é ás 20.30h na Libraría Ler (Rúa Velázquez Moreno, 27).

As palabras da néboa é unha historia sobre a liberdade e os soños. Desenvólvese na Galiza do século XVI e conta a historia de tres destinos: Antonio de Outeiro, un aventureiro que volve do Novo Mundo, Isabel de Portugal, filla dun libreiro de Braga, que ten o poder de cambiar a realidade só coa palabra, e un señor feudal derrotado, don Luís da Bouza. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña tecen o pano de fondo no que Francisco Castro (Vigo, 1966) sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |