Axenda



No obradoiro de escrita da AELG falarase de tradución

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña (Rúa Durán Loriga 10, B)
18:00
  • MAR 04
A aurora boreal Adolescentes coruñeses poderán coñecer de primeira man o oficio do tradutor, da man de Fernando Moreiras.

Fernando Moreiras, autor da recente tradución d'A aurora boreal de Philip Pullman, editada por Faktoría K e novela recentemente levada a cinema, achegarase ao traballo de tradutor cos participantes no Obradoiro de escritura para adolescentes organizado nesta biblioteca.

Esta experiencia comezou o pasado mes de novembro e nela participan trece rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que puideron coñecer autores como Miguelanxo Prado ou Lino Braxe. As clases maxistrais programadas para abril, maio e xuño serán impartidas por Xesús Fraga, escritor e xornalista, un autor dramático e un guionista de cinema aínda por confirmar.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |