A obra reúne por vez primeira, e en edición bilingüe, os poemas en que a cidade de Santiago é referente lírico e existencial para Rosalía de Castro.
O acto contará coa presenza do alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo; do xerente do Consorcio de Santiago, Santiago Xosé Villanueva; do director da editorial, Henrique Alvarellos así como dos responsábeis de edición, os escribores Helena Villar e Xesús Rábade.
Xunto aos versos, contén antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”, entre elas a dun retrato inédito realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera.
A escritora e profesora Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro, é a responsábel da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentres que Xesús Rábade Paredes asina un estudo introdutorio.
Este novo volume fai o número 8 da Colección Rescate de Alvarellos Editora e aparece publicado en co-edición co Consorcio de Santiago.