Presentación de "As palabras da néboa"
Casa do Libro, Vigo
20:00

Francisco Castro presenta en Vigo a novela pola que recibiu o Premio García Barros 2007.
O escritor Francisco Castro presenta en Vigo a súa novela As palabras da néboa, Premio García Barros 2007, e publicado por Galaxia. No acto acompañarán o autor Víctor F. Freixanes e Álvaro Otero.
As palabras da néboa é unha historia sobre a liberdade e os soños. Desenvólvese na Galiza do século XVI e conta a historia de tres destinos: Antonio de Outeiro, un aventureiro que volve do Novo Mundo, Isabel de Portugal, filla dun libreiro de Braga, que ten o poder de cambiar a realidade só coa palabra, e un señor feudal derrotado, don Luís da Bouza. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña tecen o pano de fondo no que Francisco Castro (Vigo, 1966) sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva.
Imprimir