Axenda



Certame literario "150 aniversario Facultade de Farmacia"

Facultade de Farmacia, Santiago de Compostela
14:00
  • XAN 31
150 aniversario Farmacia Nas modalidades de poesía e relato curto para traballos en lingua galega.
Poderá participar calquera persoa residente en España, con orixinais non premiados anteriormente en ningún outro certame. Os traballos, con liberdade de tema e forma, deberán ter unha extensión non superior a 50 versos e non superior a 5 folios na modalidade de relato. Os traballos deberán presentarse por quintuplicado, en folios mecanografados ou mediante impresión informática, a dobre espazo por unha soa cara. No interior do sobre enviado incluirase outro máis pequeno e pechado onde se consignarán os datos persoais do autor (nome e apelidos, dirección completa, teléfono de contacto e correo electrónico).

Os traballos enviaranse por correo certificado a:
Certame de Literatura 150 Aniversario
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Farmacia
Campus Universitario Sur
15782 Santiago de Compostela

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |