XI Premio de Teatro Josep Robrenyo
Associació d'Investigació i Experimentació Teatral, Barcelona
20:00

Para obras teatrais en castelán, catalán, galego ou éuscaro e dotado cun premio único de 3.000 euros.
Poden concorrer ao premio todos os autores teatrais que teñan menos de 40 anos de idade o último día de febreiro de 2008 e que non foran premiados con este premio en edicións anteriores. As obras poderán estar escritas en castelán, catalán, galego ou éuscaro (sempre deberán acompañarse dunha copia en castelán). Deberán ser orixinais, non publicadas nin premiadas con anterioridade en ningún outro concurso, nin estreadas comercialmente. O prazo de admisión conclúe o 29 febreiro de 2008.
Estabelécese un premio de 3.000 euros que só poderá ser declarado deserto por unanimidade do xurado. Farase unha lectura dramatizada da obra premiada na sede do Ateneu Barcelonès ao longo do ano 2008. O premio comporta tamén a posibilidade de que a obra gañadora sexa estreada pola Associació d'Investigació i Experimentació Teatral (AIET). Neste caso, os dereitos de representación da obra serán propiedade da AIET durante os dous anos seguintes á concesión pública do premio. A obra gañadora publicarase na revista ASSAIG DE TEATRE durante o ano posterior ao veredicto do xurado.
As obras deben enviarse baixo pseudónimo, nun sobre no que ha de constar no exterior “XI Premi de Teatre Josep Robrenyo”, ao seguinte enderezo: C/ Torre d’en Damians, 40, baixos, 08014 Barcelona. No interior deste sobre incluirase outro sobre no que conste, no seu exterior, o mesmo pseudónimo e, no interior, os datos persoais do autor (nome,
apelidos, teléfonos de contacto e enderezo de correo electrónico). Os orixinais non serán devoltos e, a excepción do texto premiado, serán destruídos.
Imprimir