XI Premio de Poesía Concello de Carral
Biblioteca Municipal de Carral
14:00

Dotado con 2.000 euros, a obra gañadora editarase en Espiral Maior.
Poderán optar ao premio todos os autores ou autoras maiores de idade e de calquera nacionalidade, con traballos escritos en lingua galega, agás persoas que xa gañaran o concurso anteriormente. A extensión non será inferior aos 400 versos. Concederanse un premio único de 2.000 euros e a publicación da obra en Espiral Maior.
O prazo de admisión de traballos conclúe o 15 de marzo de 2008. Os traballos enviaranse por triplicado, a dobre espazo por unha soa cara. En sobre pechado figurará no exterior o título da obra e o lema ou alcume do autor, contendo no interior o seu nome e apelidos, NIF, enderezo, número de teléfono e correo electrónico. O Concello de Carral reservarase o dereito de publicar a obra gañadora.
Os traballos deben enviarse a:
Biblioteca Pública Municipal de Carral
Casa da Cultura
Rúa de Paleo, 17
15175 Carral
Para máis información:
Tfno: 981 672 580
Fax: 981 672 581
Imprimir