Conferencia de Mª Xosé Queizán e Fernán-Vello
Centro Cultural Caixanova, A Coruña
20:00

Finaliza o programa de encontros titulado "Os camiños da literatura galega" que organiza Caixanova.
Chégase ao encontro final do ciclo coa conferencia que pronunciarán María Xosé Queizán e Miguel Anxo Fernán-Vello e que levará por título "Literatura e compromiso. A palabra explica a vida". O acto celebrarase no Centro Cultural Caixanova da Coruña (Avda. da Mariña, s/n). A entrada é libre até completar aforo.
Imprimir