"A literatura é poesía", con Xosé Carlos Caneiro e Román Raña
Centro de Desenvolvemento, Ourense
20:00

Continúa o programa de encontros titulado "Os camiños da literatura galega" que organiza Caixanova.
Chega unha nova cita do ciclo coa conferencia que pronunciarán os escritores Xosé Carlos Caneiro e Román Raña e que levará por título "A literatura é poesía". A cita é no Centro de Desenvolvemento de Ourense ás 20.00 h. A entrada é libre até completar o aforo.
Velaquí as citas do ciclo aínda por se celebraren:
17 abril. Centro Social Caixanova. Pontevedra
Malos tempos para a lírica?
María do Cebreiro e Marta Dacosta
15 maio. Centro Cultural Caixanova. A Coruña
Literatura e compromiso. A palabra explica a vida.
María Xosé Queizán e Miguel Anxo Fernán-Vello
Imprimir